Translate

23 ene. 2011

Perfección mortal

Antano verde e alto piñeiro,
dabas os paxaros fogar;
Agora voltaches murcho e baldío,
e os paxaros han vivir n'outro lar.

Agullada folla que nunca caduca,
Enrugada e dura madeira
que abraza un tronco forte e altivo:

Ese eras ti.
Eras.

Porque caeu a túa folla por primeira vez
e foi para sempre.
Se nin ramas tes,
¡Para que as agullas queden!

O teu tronco agora está valeiro,
liso e seica din: perfecto.
Non sei eu para qué.

Xa non tes aquelas imperfectas enrugas
nin hai en ti desigual ningún.
-Por non haber desigual,
non hai nin vida-

Pero é o custo da perfección:
A perfección eche cousa do outro mundo.
Do máis alá onde tal vez rexan deuses,
o que se cadra van parar as boas persoas 
e as Ideoloxías perfectas.

Namentre, 
pregúntome o carón do teu cadáver
que axiña a ser mobre.
¿Es perfecto por teres morto,
ou tes morto por seres perfecto ?




No hay comentarios :

Publicar un comentario